..." A vida é así. Distintas causas e azares zarandéante dun lado o outro. Fas proxectos, marcas metas, planificas, intentas controlar e vén o destino e izas! Ponche todo do revés."
..." Os sucesos non se borram, as palabras non se esquecen, as décisions que se toman nun momento dado teñen xa, para sempre, carácter irrevogable."
..." Por veces sénteste mal, invádete por dentro un baleiro que te afoga, unha angustia sen apelación que non podes expresar en palabras. Pensas que es un home calquera que xa ten a maior parte dos anos gastados. Pero en poucos días recuperas unha certa conformidade coa vida e segues aí, nese piso alto, agardando. Agardando algo, non sabes qué, que lle dea sentido a esta existencia."
..." Aquel venres de primeros de novembro espertou violento, ventoso. Nesa época do ano a cidade vive no interior da chuvia. Por veces chega desde o mar unha densidade de vida putrefacta, unha nostalxia de distancias remotas. As cidades con mar están sempre abertas ó infinito, coa promesa doutros horizontes, coa lembranza de aventuras e naufraxios."
..." O amor e o odio están tan próximos que non sabemos establecer barreiras."
Pablo Vaamonde in " O mes de Abril".

Sem comentários:
Enviar um comentário